lunes, 20 de octubre de 2008

Acto de presentación do "Programa da Axenda 21 Escolar de Galicia. 2008 - 2009

ACTIVIDADE CONXUNTA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA (Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa) e a CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible)


O vindeiro 24 de outubro de 2008, venres pola tarde, das 18:00 ás 20:00 horas, realizarase a presentación do "Programa da Axenda 21 Escolar de Galicia. Curso académico 2008 - 2009".

A actividade será un encontro virtual por videoconferencia simultánea nos centros da Rede de Telecentros de Galicia, da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, Secretaría Xeral de Comunicación da Presidencia da Xunta de Galicia.
Neste encontro informarse detalladamente sobre as directrices do programa da A21EG durante todo o curso 2008 - 2009.

O IES de Viós, desexa invitar a todos os membros do Consello Escolar, órgano no que está representado toda a Comunidade Escolar. Calquera outra persoa que poida estar interesada en asistir debera de poñerse en contacto con Marta ao longo da mañá do luns co obxectivo de poder confirmar a asistencia.

Queremos agruparnos

O IES de Vios ven de presentarse a unha convocatoria do Ministerio de Educación para a constitución dunha agrupación de centros escolares.

Que é unha agrupación de centros escolares?

Dous ou máis centros escolares das diversas Comunidades Autonomas que se xuntan cun obxectivo común: a posta en marcha dun proxecto que neste caso é "un xornal dixital".

Con quen nos agrupamos?

Co IES Diego Angulo de Valverde del Camino, na provincia de Huelva e o IES Aubenç de Oliana (Lleida).

Que completará o proxecto?

A posibilidade de realizar encontros entre os centros agrupados nas súas respectivas localidades co obxectivo de coñecerse e profundizar na realidade na que viven cada un deles. Deste xeito as previsións son de que nun periodo de dous cursos, se todo vai ben, vaiamos a LLeida e a Huelva e, por suposto, recibamos en Abegondo en maio de 2010 aos centros participantes.

sábado, 18 de octubre de 2008

III Concurso de fotografia do IES de Vios


"Abegondo e a auga: lugares, xentes e ideas relacionadas coa auga"

Se tes entre 12 e 18 anos, participa ata o 21 de Novembro!!!!!!!


viernes, 17 de octubre de 2008

O Composteiro

Agora mesmo estamos na clase de Proxecto Interdisciplinar de 1º A. Imos a facer un artigo cooperativo.

Inés di:No instituto temos un composteiro que está feito de plástico reciclado...
Marco di: ...serve para botar os restos orgánicos e logo de descompoñerse, obteremos abono para as plantas e as árbores do centro...
Jaime di:...Os restos da comida do comedor escolar dos mércores tíranse nel e despois cubrése cun pouco de herba para que non cheire"
Andrea di: ...tardaremos 6 meses, aproximadamente, en ter abono porque estamos na estación de outono-inverno. Si estivéramos no verán tardariamos menos tempo"
Andrea: "O composteiro ten que estar colocado debaixo dunha árbore, para que non lle dea moito o sol..."
José di: "Na base do composteiro fixemos unha cama de ramas e piñas para que poidan pasar os microorganismos que descompoñen a materia e tamén para que haxa ventilación..."
Samuel di: "Ti tamén podes facer un composteiros coma o noso con tablas ou rede, Anímate!!!!..."
Jonathan Quintela di: Protexe o teu composteiro cunha rede para que non entren roedores...

jueves, 16 de octubre de 2008

Curiosidades sobre animais (Outubro). Por Antonio Fiaño e Sebastián Mosquera de 2º B

O LOBO

Sabiades que a parella dominante é a única que ten cachorros?.
Unhas tres semanas antes de parir a femia escarva un tunel na terra co obxecto de crear un refuxio. Cando ten os cachorros, permanece con eles ata que cumpran de 8 a 10 semanas. A femia debe escoller con moito tino onde facer dito refuxio: un sitio onde os demais lobos do grupo poidan cazar e defender sen problema e sempre cerca dunha fonte de auga.

O IES de Viós incorpórase ao PLAN DIRECTOR para a mellora da convivencia e a seguridade escolar. Dito plan ten, entre outros, os seguintes obxectivos:


*Axudar a mellorar o coñecemento dos alumnos, pais e profesores sobre os problemas de seguridade que afectan aos xóvenes.


*Poñer a disposición da Comunidade educativa a asistencia técnica que precisen para axudar a previr e abordar os episodios graves que poidan ameazar a convivencia escolar.

As liñas de actuación no centro educativo de Viós concretaránse en charlas aos alumnos sobre problemas de seguridade que lles afectan, especialmente referido a internet e Encontros con pais e nais nas seguintes datas:


Venres, 7 de Novembro, ás 20:30. “Riscos de internet”

Venres, 12 de Decembro, ás 20:30. “Drogas”

Venres, 23 de Xaneiro, ás 20:30. “Bandas xuvenís e acoso escolar”


Estas charlas serán impartidas por expertos policiales e estarán abertas a todos os veciños de Abegondo que poidan estar interesados.

Agora mesmo estamos en clase:Facendo un artigo cooperativo

Estamos na clase de proxecto interdisciplinar no grupo de 1º B. Estamos facendo unha proba de como funcionan as entradas do blog.

Tamara di "É importante coidar o medio ambiente"
Alejandra di: "porque hai moita contaminación"
Ainhoa di: "Anímovos a reciclar"
Fátima di: "porque senón imos quedar sen planeta"
Noemí di: " e o ser humano desaparecerá"....."

miércoles, 15 de octubre de 2008

Adiviñas: Outubro por Laura Caneiro Calviño de 2º B

Adiviñas: Outubro por Laura Caneiro Calviño de 2º B
Habita nos lugares frescos
sobre solos lixeiros e profundos
é unha especie cultivada dende hai milenios
polos seus froitos e pola súa madeira

Que é?????