sábado, 21 de marzo de 2009

23 de marzo. Día meteorolóxico mundial


O tempo meteorolóxico que existe nun lugar nun momento determinado, ven dado polos valores de certos parámetros ou variables, tales como: temperatura, precipitación, humidade relativa, presión atmosférica, intensidade do vento, dirección do mesmo, etc. Ditos parámetros modifican o seu valor ao longo do tempo. Así, para facer unha previsión meteorolóxica dun lugar para unha data determinada, haberá que determinar anticipadamente o valor de cada unha desas variables, para o que, actualmente, utilízanse modelos de predicción bastante precisos. Por outra banda, existe unha rede de estación meteorolóxicas a nivel mundial, que dispoñen de instrumentos específicos para rexistrar os valores de cada unha das variables antes comentadas. Ditos instrumentos son, entre outros, termómetros, barómetros, higrómetros, pluviómetros e anemómetros.
Carlos.

miércoles, 18 de marzo de 2009

22 de marzo: Día mundial do auga


O auga é unha substancia indispensable para os seres vivos. O corpo humano ten un 65% de auga. Gracias ó auga que existe no interior das nosas células, teñen lugar dentro de elas as reaccións químicas que nos permiten vivir. Unha persoa adulta cunha actividade física normal, necesita unha media de 3 litros diarios de auga, dos cales a metade vai incluída na alimentación e a outra metade debe ser inxerida directamente na bebida. A nivel planetario, o auga doce é un recurso renovable que constitúe únicamente o 3% do auga da Terra. A utilización abusiva do auga nos países desenvolvidos, así como a súa contaminación por todo tipo de actividades humanas, crea un problema serio que pode chegar a convertila nun recurso non renovable. Como conclusión, debemos evitar o exceso de consumo do auga , así como a súa contaminación.
Carlos.

lunes, 16 de marzo de 2009

21 de marzo: Día forestal mundial


Os bosques son ecosistemas esenciais para a Terra, xa que levan a cabo numerosas funcións, entre as que podemos destacar: - Absorber o dióxido de carbono da atmósfera, contribuíndo a evitar no posible o chamado "efecto invernadoiro" .- Regular o ciclo do auga, retendo o auga da chuvia e facilitando que ésta pase ó solo, filtrándose ata os acuíferos do subsolo.- Constituir o hábitat dun gran número de especies, contribuíndo a aumentar a biodiversidade da Terra.- Regular o clima, aumentando a humidade atmosférica. Debido á utilización dos bosques como terras de cultivo e de pastoreo, así como á utilización industrial da madeira e como combustible, entre outras causas, actualmente tan só un 25% da superficie dos continentes está ocupada por bosques, dato que nos debe levar a reflexionar sobre a importancia dos mesmos e da súa conservación.
Carlos.

domingo, 8 de marzo de 2009

Planta de tratamento de lixo de Nostián

Nostián é unha planta de tratamento integral de residuos. Alí entran 550 toneladas de lixo ao día en uns 11 camións.
O día 3, os alumnos de 1º fixemos unha visita que comenzou cunha pequena explicación e a proxección dun vídeo no que nos adiantaron os traballos e procesos que alí se fan. Explicaronnos a importancia das tres R ( Reutilizar, Reducir e Reciclar), pero a máis importante é a de REDUCIR.
A Planta comenzou a funcionar ao derrubarse un vertedoiro antigo , o que deixou unha morte e a vasura no mar. Así foi como decidiron levar a cabo o proxecto de Nostián que trataría os restos orgánicos. Agora no lugar dese vertedoira háchase o Parque de Bens.
Consta de varios apartados: tratamento de materia orgánica, planta de trituración, embalaxe de materiais para reciclar e instalacións auxiliares. Na visita leváronnos polas distintas plantas nas que se desenvolven os traballos. Nunha delas, onde os camións depositan o lixo, estaba unha traballadora coa función de separar con maquinarioa pesada obxectos robustos e botar o resto do lixo nuns foxos. Noutras están á fermentar as substancias orgánicas que logo formarán o compost que servirá de abono. Hai dependencias nas que están prensados materiais coma plásticos ou tetrabris , amontoado vidro,..... Cando a cantidade é grande mádono a reciclar a empresas encargadas delo. Tamén teñen unha pequena central eléctrica que utiliza os gases da fermentación para funcionar .
Sogama e Nostián,agora, recentemente, chegaron a un acordo, Sogama queimará materia inogánica que Nostián non pode tratar e Nostián reciclará materia orgánicas de Sogama.
A visita concluíu con autra charla na que nos deron consellos.
Tamara de 1ºB

Aportación do Dpto de Educación Plástica e Visual



Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo, 1957)
Marea Negra. Museo de Arte Comtemporaneo Unión Fenosa.

viernes, 6 de marzo de 2009

Oficial de Policia, condecorada pola ONU e muller abegondesa.

Chámase Maria Esporas, actualmente traballa como policia nacional en Santiago e hoxe, xunto con outras mulleres, recibe unha homenaxe pola súa traxectoria profesional. Invítovos a ler a entrevista publicada onte no Correo Gallego.

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=3&idNoticia=402513&idEdicion=1178

martes, 3 de marzo de 2009

La Voz de Galicia: 3/3/09.

Galicia acumula oito meses con temperaturas máis frías do normal

Os ceos despexados trouxeron xornadas asolladas, pero tamén un descenso das mínimas

Autor:
Xesús Fraga

Os termómetros marcaron en febreiro temperaturas medias lixeiramente por baixo dos valores habituais para este mes invernal. Desta forma, Galicia encadea o seu oitavo mes consecutivo cun tempo máis frío do que lle correspondeu, verán incluído.

Segundo os datos de Meteogalicia correspondentes a febreiro -á espera da publicación do correspondente informe meteorolóxico-, as medias quedaron por baixo do esperable. Nalgúns casos, a diferenza foi de décimas: 0,7 en Ferrol e Pontevedra, que acabaron o mes con medias de 10,3 e 9,4 para valores climáticos de 11 e 10,1, respectivamente. Foi maior en Santiago e Ourense, con rexistros de 8,6 e 8,4 para uns valores de 9,6 e 9,3, e aínda máis acusada en Lugo, con 1,5 de diferenza: 6 fronte a unha media de 7,5.

As temperaturas medias máis frías do habitual de febreiro resultan rechamantes se llas pon en relación coas xornadas consecutivas asolladas e secas das tres últimas semanas, unha percepción de bo tempo que se ve acrecentada por vir tras varias semanas de inestabilidade e, especialmente, despois do paso do ciclón Klaus. Con todo, precisamente a presenza de ceos despexados elevou as máximas, pero tamén fixo que as mínimas descendesen de forma máis acusada que se dominasen as nubes, polo que as medias quedaron por baixo dos valores climáticos.

Con respecto ás máximas, os rexistros máximos alcanzáronse cara ao final do mes, de forma especial os días 26 e 27, cando os termómetros superaron con folgura os 20 graos en case toda Galicia. As mínimas reproducen un esquema similar, pero á inversa: os valores absolutos quedaron baixo cero na gran maioría da comunidade, con excepción da costa. A estación de Meteogalicia no campus de Lugo detectou -2,6 o día 21, e a de Mouriscade, en Lalín, -4,5 o día 19, por citar dous casos onde as mínimas caeron por baixo dos cero graos, aínda que na alta montaña o descenso do mercurio foi aínda máis acusado.

Con todo, estes datos retratan un período que se asemella bastante cun mes invernal, sobre todo en temperatura, e coa excepción da escaseza de choivas. Febreiro contrasta aínda máis se se compara co mesmo mes do 2008, que foi inusualmente cálido respecto das medias dos últimos 30 anos. Tras un par de anos de invernos benignos -e o outono do 2008, marcado por unha preocupante seca-, Galicia regresa a valores máis propios desta estación, con algo máis de frío pero sen chegar aos niveis dos oitenta. A estampa máis típica do inverno volverá mañá, xa que unha borrasca traerá novas choivas, que serán xeneralizadas en toda a comunidade e continuarán o xoves.

lunes, 2 de marzo de 2009

Mes de febreiro:Traballo realizado por Laura, Natalia e Fátima Valeria.

Recopilación de refráns:

  • Veña febreiro chuvioso, ainda que saia rabioso.
  • Febreiro revoltoso: un rato peor que outro.
  • Para febreiro garda leña no leñero.
  • En febreiro, hebras de frio e non de lino.
  • Febreiro: mes frio e traicioneiro. Un día sae o sol e outro pasmas de frio.
  • Neve frebreiriña, toca a galiña.
  • A neve febreiriña vaise axiña.
  • Dure a mala veciña o que a neve febreiriña