miércoles, 17 de marzo de 2010

21 de Marzo. Día Forestal Mundial




O día 21 de Marzo foi elixido no ano 1971 como Día Forestal Mundial pola FAO. Nesta data, téntase de remarcar a importancia dos bosques como sustento da vida e da biodiversidade na Terra e como "pulmóns" do noso planeta.
Os bosques, proporcionan alimento, osíxeno e auga, ademáis de protexer o solo.; polo tanto, son fundamentais a nivel global, no desenvolvemento sostible do planeta.
A pesares diso, considérase que máis das tres cuartas partes dos bosques orixinais da Terra, foron desaparecendo debido á actividade do home, e os bosques que quedan na actualidade, están ameazados tamén por distintas actividades tales como: deforestación, contaminación, cambio climático, onstrucción de estradas, etc.
Polo tanto, todas as actividades realizadas nesta data, a nivel mundial, para conmemorar o Día Forestal Mundial, deben concienciarnos da enorme importancia dos bosques para a supervivencia do planeta e de todas as especies que viven nel, incluíndonos a nos.
Carlos.

jueves, 11 de marzo de 2010

miércoles, 10 de marzo de 2010

Exposición sobre o Prestige



Dende o día 10 de marzo ata o 25 de marzo no Instituto de Vios aberta o todo o público.

As imaxes dun desastre ecolóxico que nunca máis deberían repetirse.

jueves, 4 de febrero de 2010

Os residuos nucleares



As centrais nucleares, xa sexan de fusión (máis antigas) ou de fisión, utilizan como combustible isótopos radiactivos de dous elementos químicos, que son o uranio e o plutonio. Ademáis das centrales nucleares, existen outros usos dos isótopos radiactivos, tales como investigacións e usos médicos.
En todos os usos de isótopos radiactivos, se prodúcen resíduos que deben ser almacenados de forma axeitada, problema que causa moitas controversias veciñais e ata políticas actualmente.
O problema dos resíduos nucleares reside en que teñen un período de actividade moi longo, que oscila dende varios centos de anos, para os de menor actividade, ata miles de anos para os de maior actividade, polo que deben ser almacenados en lugares suficientemente protexidos de calquera tipo de fugas ou accidentes.
Polo tanto, se temos en conta que todas as demáis formas de enerxía, tanto renovables como non renovables, non son suficientes para cubrir as grandes necesidades enerxéticas dos países desenvolvidos, haberá que admitir os “cemiterios nucleares” como unha consecuencia inevitable do uso da enerxía nuclear.

Carlos.

viernes, 22 de enero de 2010

Dereito ao delirio

Eduardo Galeano recórdanos con este vídeo que podemos soñar un mundo onde se respeten os dereitos de todos e onde o home viva en concordia coa Natureza.

martes, 19 de enero de 2010

Ano mundial da biodiversidade


As nacións Unidas declarou o ano 2010 como " Ano internacional da biodiversidade" Ao longo do mesmo as distintas campañas que promova terán como obxecto sensibilizar a toda a sociedade sobre a importancia de todas e cada unha das especies que hai no noso planeta e fomentar accións directas por parte das institucións, organizacións e público en xeral para reducir a constante perda de biodiversidade.

O slogan "A biodiversidade é a vida. A biodiversidade é a nosa vida" recórdanos que os seres humanos formamos parte da gran variedade de vida que hai na Terra. Que a biodiversidade sustenta e proporciona saúde, benestar, alimento ..... Que a actividade humana causa perda de biodiversidade o que leva a un empobrecemento para todos.



miércoles, 16 de diciembre de 2009

FELICES FESTAS !!!!!!!


Os alumnos de 2ºB aproveitan o poster que fixeron para o magosto e con imaxinación e un pouco de "reciclaxe" felicítannos as festas a todos.

Aforra auga