lunes, 19 de abril de 2010

22 de Abril. Día mundial da terra


O día mundial da Terra celébrase desde o 22 de Abril de 1970, gracias ó senador norteamericano Gaylord Nelson, que promoveu numerosas accións para concienciar a poboación do seu país da importancia de preservar os recursos naturais da Terra.
A pesares da toma de conciencia mundial que supuxo a primeira celebración mundial desta data, nos 40 anos transcurridos desde entón o deterioro da Terra non fixo máis que aumentar, debido a influencia humana, producindo contaminación dos ecosistemas, deforestación da biodiversidade, ect.
Polo tanto, nesta data debemos renovar o noso compromiso individual e tamén colectivo (incluindo todo tipo de Administracións públicas) coa conservación do noso planeta.
Carlos

martes, 6 de abril de 2010

7 de Abril: Día Mundial da Saúde


Este ano 2010 o Día Mundial da Saúde está adicado ao urbanismo e a saúde; é decir, á relación entre a saúde das persoas e o entorno no que viven, tratando de potenciar accións que convirtan as cidades en lugares máis habitables.
Así a planificación das cidades, debe estimular a saúde das persoas que viven nels, así como a súa seguridade.
O lema escollido para este ano 2010 é: "Mil cidades, mil vidas", referíndose con "mil cidades" ao feito de abrir espazos públicos á saúde, tales como exercicios ao aire libre, reunións cidadáns en prazas e rúas, campañasde limpeza, etc. Con "mil vidas" reunir mil relatos persoais de promotores da saúde urbana. Na semana do 7 ao 11 de Abril, haberá catividades relacionadas coa promoción da saúde en todo o mundo.
Carlos

lunes, 29 de marzo de 2010

O Universo

http://www.youtube.com/watch?v=17jymDn0W6U&feature=player_embedded

Picando neste enlace verás unhas imaxes impresionantes

lunes, 22 de marzo de 2010

Dia 23 de Marzo. Día meteolóxico mundial


A organización meteorolóxica mundial(OMM) celebra cada 23 de Marzo o día Meteorolóxico Mundial, conmemorando a entrada en vigor, no ano 1950 do Convenio polo que se formou a OMM. Segundo a OMM as estadísticas demostran que cada vez son máis as persoas afectadas por catástrofes meteorolóxicas e climáticas.
Este ano 2010 o lema é " 60 anos ao servicio da súa seguridade e benestar"
Carlos

Día 22 de Marzo. Día Mundial da Auga

O dá 22 de Marzo foi declarado pola UNESCO anoMUNDIAL da auga no 1993. Desde entón cada 22 de marzo celébraanse, en todo o mundo diversas activadades, tales como exposicións, conferencias, mesas redondas,ect.
En 2010 a ONU dedica o 22 a calidade da auga facendo fincapé en que na xestión dos recursos hídricos é tan importante a clidade como a cantidade. Así o día Mundial da AUGA 2010 ten os seguintes obxetivos:
Concienciar a población mundial da importancia de manter os ecosistemas sanos, tendo en conta acalidade da auga para cumprir este obxectivo.
Pedir a todas as administracóns públicas mundiais , así como a poboación , en xeral, actuacións preventivas en relación coa calidade da auga evitando a súa contaminación e favorecendo a súa limpeza e e rehabilitación.

Carlos

miércoles, 17 de marzo de 2010

21 de Marzo. Día Forestal Mundial




O día 21 de Marzo foi elixido no ano 1971 como Día Forestal Mundial pola FAO. Nesta data, téntase de remarcar a importancia dos bosques como sustento da vida e da biodiversidade na Terra e como "pulmóns" do noso planeta.
Os bosques, proporcionan alimento, osíxeno e auga, ademáis de protexer o solo.; polo tanto, son fundamentais a nivel global, no desenvolvemento sostible do planeta.
A pesares diso, considérase que máis das tres cuartas partes dos bosques orixinais da Terra, foron desaparecendo debido á actividade do home, e os bosques que quedan na actualidade, están ameazados tamén por distintas actividades tales como: deforestación, contaminación, cambio climático, onstrucción de estradas, etc.
Polo tanto, todas as actividades realizadas nesta data, a nivel mundial, para conmemorar o Día Forestal Mundial, deben concienciarnos da enorme importancia dos bosques para a supervivencia do planeta e de todas as especies que viven nel, incluíndonos a nos.
Carlos.

jueves, 11 de marzo de 2010

miércoles, 10 de marzo de 2010

Exposición sobre o Prestige



Dende o día 10 de marzo ata o 25 de marzo no Instituto de Vios aberta o todo o público.

As imaxes dun desastre ecolóxico que nunca máis deberían repetirse.