Continuamos coa aposta
Como xa sabedes, as alumnas e os alumnos de 2ºA, estamos a apostar algo moi importante: o futuro do planeta. Xa sabemos que é algo esaxerado, pero nun futuro non moi afastado a contaminación podería ser un dos factores que destruia ó noso planeta. Por iso nos apostámoslle á Xunta que iamos reducir un 8% o consumo escolar de papel, luz, calefacción...Tamén estivemos reciclando o papel que consumimos, pilas, plásticos, latas, botellas de vidrio...
Aínda que contamos coa axuda de todo o alumnado e profesorado, queríamos agradecerllo en especial ó grupo de 1ºA, pola, tanto calidade como cantidade do material que tiraron. Pero tamén están as ovellas negras da familia, neste caso, da escola; as cales nin sequera nos intentaron axudar, non deixándonos apagar o stand-by dos ordenadore, ou abrindo as ventás tendo a calefacción acendida...
No que levamos de curso xa reducimos un 8% o consumo da escola con respecto ó ano pasado. É aquí unha estimación do que levamos aforrado ata o día 21 de maio:
TÁBOA DE AFORRO
Aforro estimativo
Descripción da actividade | Cantidade reducida | Factor de emisión | Kg. de co2 aforrados |
Gasoleo calefacción | 88 l. | 2,6 | 228 Kg. |
Electricidade | 401,29 Kw. | 0,92 | 300 Kg. |
Reciclaxe papel | 239 Kg. | 0,95 | 227,66 Kg. |
Reciclaxe de pilas | 94,6 Kg. | 3 | 283,8 Kg. |
Uso papel reciclado | 130 Kg. | 0,95 | 123,50 Kg. |
Reciclaxe latas de refresco | 236 u. | 0,43 | 101,48 Kg. |
Traballo B.N.L. | | | 100 Kg. |
Campaña “froita por chucherías” | | | 100 Kg. |
Recollida envases vidrio | | | 100 Kg. |
Información ós compañeiros | | | 100 Kg. |
Reducir uso papel aluminio | | | 100 Kg. |
Recollida plásticos | 4,6 Kg. | 3 | 13 Kg. |
TOTAL AFORRADO | | | 1768,24 Kg. |
Según os cálculos feitos que vos mostramos, nós apostamos reducir 1138,08 Kg. de CO2.
Queremos pedirvos a vosa axuda, e que continuedes reciclando, reducindo e reutilizando nas vosas casas. Sabemos que nós sós non somos capaces, pero coa vosa axuda sabemos que podemos salvar o planeta.
O resultado desta aposta gañada por nós, foi positivo. Por iso a fundación Amigos da Terra agasallounos cunha viaxe ás Corcerizas, na serra de San Mamede, Ourense.
Estivemos dous días nun albergue rodeados de monte e illados de todo tipo de cables eléctricos, coches, torres de alta tensión, cobertura para os móbiles...
O albergue abastecíase a sí mesmo con enerxía que él mesmo producía: cunha mini central hidráulica, paneis solares...
Aprendemos moito sobre enerxías renovables e os seus moitos aspectos positivos sempre que non se exceda o seu uso ou se instalen sen pensar no seu impacto mediambiental na zona. Outra das moitas cousas interesantes que aprendemos foi o procedemento para facer unha casa empregando a bio-construcción, na que os constructores válense de materiais naturais , ou pouco contaminantes e procurando que sexan típicos da zona. De feito as edificación deste albergue, que eran dous módulos separados, estaban construídas seguindo esta técnica.
A paisaxe era impresionante; non había papeis tirados polo chan, nin fume no ambiente, nin cabres mesturándose coas ramas das árbores...
É un sitio máxico; recomendámosvos que se tédela ocasión vaiádelo visitar.
Tidos deberíamos coidala nattureza para conservar lugares así.
Esto é o que pasa ó non coidar o noso entorno e non facernos cargo dos nosos actos:
Porque todos temos dereito a vivir, pero tamén a respecta-la natureza
LOITEMOS POR UN MUNDO SEN CONTAMINACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario