viernes, 29 de febrero de 2008

La Voz de Galicia: mércores 27 de febreiro.


Moda sostible O Nike ecolóxico

As novas zapatillas son feitas con restos de espuma, coiro e goma que antes ían ao lixo.

Preocupada co medio ambiente, Nike lanzou unha zapatilla ecoloxicamente correcta. Todo o material que antes sobraba en fabrícalas e íase ao lixo agora reutilízase para crear as «Nike Trash Talk», producidas o 100% con restos de coiro, espuma e goma.

A nova liña de calzados de Nike xa ten destino fixo: Vestirá aos pés dos xogadores de baloncesto, estrelas como Steve Nash, do Pheonix Suns. O prezo en Estados Unidos é de 100 dólares, aproximadamente 66 euros.

viernes, 22 de febrero de 2008

Taller de reciclaxe

Jéssica Orgueira Couto Alumna de 1º

O pasado mércores os alumnos de 1º tivemos unha pequena charla sobre reciclaxe. Dounola un rapaz moi simpático chamado Pedro e falounos de residuos, contedores, plantas de reciclaxe, contaminación,.... Aprendemos moitas cousas novas e recordamos outras que xa coñeciamos.
Para poñer en práctica o aprendido fixemos un xogo de simulación moi entretido. Dividímonos en catro grupos representando a tres concellos e uns periodistas. Os concellos eran moi distintos: un estaba situado no val e tiña moito sitio; outro era un concello turístico con moitos cartos; o terceiro era unha cidade moi poboada. Pese a todas as diferenzas tiñamos un problema en común: "non sabiamos que facer coa vasura" .
Eleximos a que nos pareceu a mellor opción: faríamos unha planta de compostaxe. Logo tivemos que pensar onde a facíamos e fomos vendo os problemas de cada lugar. No val había sitio pero non había cartos, no concello turístico tiñan cartos pero a planta non queda moi bonita e na cidade non tiña espazo. Despois de moito discutir, acordamos que a nave de compostaxe se debía facer no concello do val, pagaríana os outros dous concellos. O concello turístico compraría os productos da horta ao do val para venderllos aos turistas; os habitantes da cidade farían o traballo, cousa que boa falla lle facía porque moita xente non tiña traballo; os do concello do val quedarían co compost como abono para botarllo á terra e ter mellores productos naturais.
Tivemos que darlle moitas voltas á cabeza e iso que era un simple xogo. Imaxina como será na vida real.

jueves, 21 de febrero de 2008

Día internacional da Lingua Materna

O poema crebado: Lingua que rexeitaron os meus pais

Borraron os letreiros dos camiños
cos ben amados nomes das antergas vilas,
dos silabarios das escolas algareiras
borraron o cantar humilde e puro da lingua popular.

Sóio no escuro das lareiras
no apartado silencio dos labregos labios,
esquecida das espadas poderosas,
borboriñaba a nosa lingua triste.
Aferrollada fora coma unha delincuente.
As maos sen calos do traballo,
requintadas e doces, relixiosas, enfeitadas co ouro dos aneis
roubados ó suor dos pobres
empurran a lingua nobre e pura a un cadafalso de vergoñas.
Meus pais, tamén, amados ignorantes,
obedeceron as ordes que o espadón
desborcara na poza de Galicia.

ANTÓN TOVAR(1921-2004), Calados enconxuros.

Unha colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Colaboración de Carlos y Consuelo

Comment protéger l'environnement?


1.Je dois économiser l'energie.
2.Je dois recycler le vieux papier et trier les déchets.
3.Je dois utiliser des piles rechargeables.
4.Je dois utiliser respecter les plantes.
5.Je dois utiliser des moyens de transports non polluants.

Colaboración de Elena Fernández (Departamento de Fránces)

martes, 19 de febrero de 2008

Visita a planta de Nostián

Jaime García García (Alumno de 1º B)


A planta de reciclaxe de Nostián, antes de ser construída, tivo que plantexarse onde se ía a facer. Non foi fácil. A decisión final da súa construción debeuse a que o antiguo vertedoiro derrumbouse levando a vasura ata o mar e contaminando todo o medio natural da zona de Bens. Agora o que antes era vasura é un parque moi fermoso da Coruña.
O proceso da reciclaxe dos R.S.U. en Nostián, comenza no momento que os camións traen a vasura da cidade da Coruña e concellos limítrofes. ( sobre 5 toneladas diarias); logo cunha especie de grúa con mando a distancia ( o pulpo) recóllesen , vanse triturando e quitaselle o material inorgánico.
Os residuos inorgánicos son clasificados segundo os seus compoñentes: plásticos, vidros, metais, ..... e son preparados para vendelos ás industrias que lle darán " unha nova vida".
Os residuos orgánicos pasan ós biodixestores que son uns tanques onde non hai aire. Ahí dentro , fermentan durante un mes formandose biogás. O biogás recóllese en un almacén e quéimase para obter a enerxía eléctrica que necesita a planta de Nostián e, incluso, para vendela.
Unha vez retirado o biogás, os residuos orgánicos pasan á planta de fermentación aerobia e déixase un tempo ata que se forma o compost. Aquí remata o proceso.
O compost é un perfecto abono que non cheira nin mancha e que é "moi querido polas plantas".
Despois de ver todo o proceso, quedounos claro o importante que é: separar ben os residuos para poder facer ben a reciclaxe; reducir o consumo para disminuir a cantidade de vasura; e reutilizar todo o que sexa posible. Así, faremos a nosa pequena aportación para ter un medio ambiente máis limpo.

martes, 12 de febrero de 2008

AMOR AOS ANIMAIS

sábado, 9 de febrero de 2008

14 de Febreiro. San Valentín.


O vindeiro xoves 14 de febreiro no IES de Viós celebraremos o "Día dos Namorados". Xa sei que nas horas de titoría xunto cos profesores/as estades a buscar en Internet e na Biblioteca poesías de amor. Recordade que teredes que plasmalas en folios ou cartulinas moi decoradas para que ese día poidamos empapelar todo os corredores do centro.
Este día dos namorados non ten porque seres o día comercial que dende as grandes superficies e outros comercios se nos plantexa. Haberá algo máis barato que regalar unha poesía de amor????. Seguro que non pero a verdade é que facer a selección leva tempo. Nos últimos días estiven a buscar unha poesía de amor para regalarvos a todos e todas os que nos seguides a través da web. Tanto busquei que finalmente a que quería a tiña máis preto do que pensaba:

Amor a la naturaleza.

Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros,

Ni el onda con sus rumores, ni con su brillo los astros,

Lo dicen, pero no es cierto, pues siempre cuando yo paso,

De mí murmuran y exclaman:

- Ahí va la loca soñando

Con la eterna primavera de la vida y de los campos,

Y ya bien pronto, bien pronto, tendrá los cabellos canos,

Y ve temblando, aterida, que cubre la escarcha el prado.

- Hay canas en mi cabeza, hay en los prados escarcha,

Mas yo prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula,

Con la eterna primavera de la vida que se apaga

Y la perenne frescura de los campos y las almas,

Aunque los unos se agostan y aunque las otras se abrasan.

Astros y fuentes y flores, no murmuréis de mis sueños,

Sin ellos, ¿cómo admiraros ni cómo vivir sin ellos?

Rosalía de Castro

Se vos apetece podedes deixar as vosas "poesías de amor" adicadas nos comentarios, que bo regalo para o namorado/a!!!