Eduardo Galeano recórdanos con este vídeo que podemos soñar un mundo onde se respeten os dereitos de todos e onde o home viva en concordia coa Natureza.
viernes, 22 de enero de 2010
martes, 19 de enero de 2010
Ano mundial da biodiversidade

As nacións Unidas declarou o ano 2010 como " Ano internacional da biodiversidade" Ao longo do mesmo as distintas campañas que promova terán como obxecto sensibilizar a toda a sociedade sobre a importancia de todas e cada unha das especies que hai no noso planeta e fomentar accións directas por parte das institucións, organizacións e público en xeral para reducir a constante perda de biodiversidade.
O slogan "A biodiversidade é a vida. A biodiversidade é a nosa vida" recórdanos que os seres humanos formamos parte da gran variedade de vida que hai na Terra. Que a biodiversidade sustenta e proporciona saúde, benestar, alimento ..... Que a actividade humana causa perda de biodiversidade o que leva a un empobrecemento para todos.
Etiquetas:
Medio Ambiente: xeral
miércoles, 16 de diciembre de 2009
FELICES FESTAS !!!!!!!

Os alumnos de 2ºB aproveitan o poster que fixeron para o magosto e con imaxinación e un pouco de "reciclaxe" felicítannos as festas a todos.
Etiquetas:
reciclaxe
sábado, 12 de diciembre de 2009
Gañadores concursos de fotografía "Cada traballo un mundo"
PREMIO A MELLOR COLECCIÓN:
INÉS RODRÍGUEZ CAÑÁS POR "FERREIROS"
PREMIO A MELLOR FOTO:
LUCÍA GÁNDARA FARIÑA POR "FERRADOR"
Etiquetas:
concursos fotográficos
miércoles, 9 de diciembre de 2009
As enerxías renovables
Agora que tanto se fala de sostibilidade, debemos considerar as enerxías renovables como un factor importante para conseguila. Ditas enerxía producen un menor impacto nos ecosistemas que as convencionais, xa que se producen a unha velocidade maior da velocidade coa que se consumen, polo que se pode facer un uso continuado das mesmas; é dicir, un uso "sostible". Por outra banda, xeran menos resíduos que as enerxías convencionais, tales como o petróleo e os seus derivados, xa que utilizan fontes máis limpas. Ademáis, non producen dióxido de carbono, polo que non aumentan o efecto invernadoiro. As principais enerxías renovables, son: a eólica, a biomasa, a hidráulica, a solar, a xeotérmica e a mariña. Carlos.
Etiquetas:
aforro enerxético
jueves, 26 de noviembre de 2009
Creando conciencia
Un vídeo para os que queremos un planeta ecolóxico
http://www.youtube.com/watch?v=b5GNISNq_2A
Etiquetas:
Medio Ambiente: xeral
miércoles, 25 de noviembre de 2009
Consumir xurelo, sardiña e caballa é o máis ecoloxista
Unha campaña internacional liderada polo Acuario potencia o consumo de especies autóctonas para evitar a sobreexplotación.
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/11/25/0003_8130262.htm?idioma=galego
Etiquetas:
A prensa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
