lunes, 29 de septiembre de 2008

Comezamos a traballar II

Proxecto Interdisciplinar 1ºB

Contribución dos alumnos deste grupo e das súas familias ao coidado do medio ambiente.

RECICLAN: separamos orgánico do inorgánico, papel, vidro...

REUTILIZAN: danlle outras utilidades ás caixas de cartón, utilizan as bolsas do supermercado para recoller o lixo, utilizan o cartón e o papel como combustible para as cociñas de leña e chimeneas...

COIDAN O ENTORNO: regabn as plantas, aproveitan a terra como abono, non tiran lixo no chan.

AFORRAN ENERXÍA: teñen conta de apagar as luces cando non fan falta, non deixan ningún aparello eléctrico en stand-by, aproveitan a luz solar subindo as persianas, non deixan o cargados do teléfono móbil mais tempo do imprescindible.

AFORRAN AUGA: se duchan e esperar a que o lavavaixelas esté cheo para poñelo.

UTILIZAN O PUNTO LIMPO

domingo, 21 de septiembre de 2008

Comezamos a traballar

Proxecto Interdisciplinar de 1ºA

Deixovos un breve resume da contribución do coidado do medio ambiente que fan os alumnos/as de 1ºA e as súas familias:

  • REUTILIZAR: as bolsas da compra como bolsas de lixo, os CDs como espantallos...
  • Separar e RECICLAR residuos: orgánicos, inorgánicos, vidro...
  • AFORRAR AUGA: no aseo persoal e cando poñen a lavadora mirando que estea ben chea.
  • COIDADO do ENTORNO: No utilizan moitos sprays, non tiran papeis ao chan e incluso temos un alumno que limpa o rio co seu pai.
  • AFORRO do CONSUMO ELÉCTRICO: Uns utilizan bombillas de baixo consuño, non deixan os aparellos eléctricos en stand by, ...
  • REFORESTACIÓN: Prantan árbores nos terreos da súa propiedade.
Eso que estamos empezando o curso!!!! Parabens para todos eles e para as súas familias.

Mensaxe para os alumnos/as de 1º A: "Gracias por facer tan agradable unha clase de venres a última hora"

lunes, 1 de septiembre de 2008

1 de setembro: Comezamos con algo de humor

COCHE ECOLÓXICO