martes, 29 de abril de 2008

A Antártida

http://docs.google.com/Presentation?docid=dd4gtngv_50fh72mxfn&hl=en

Fermosas e espectaculares imaxes que nos aporta Montse

sábado, 26 de abril de 2008

Caseta Metereolóxica



Esta é a Caseta Metereolóxica do IES de Viós. Todos os días, antes de entrar a clase, os alumnos/as de 1º da ESO fan anotacións sobre as temperaturas rexistradas o día anterior así como da cantidade de auga caída, de ser o caso.

Na súa construcción colaborou moita xente, pero queremos facer unha mención especial a ANTONIO ARADAS, exalumno do noso instituto, quen levou unha boa carga de traballo.

miércoles, 23 de abril de 2008

Facendo propostas

Hoxe adicamos a hora de Proxecto Interdisciplinar de 1ºA á conmemorar o día da Terra. Deixovos unhas ideas dos alumnos/as deste grupo.

Comprimisos que cada un vai a asumir para coidar a Terra

Manuel: Cando poida conducir mercarei un coche elécrtrico.

Jonathan: Utilizar combustibles renovables.

Sergio: Non tirar basuras aos ríos.

Josiño: Utilizar o transporte público.

Raquel: Non ensuciar o mar.

Laura B: Non tirar electrodomésticos no monte. Utilizar o Punto Limpo do Concello

Fatima: Reciclar papel, cartóns da leite, o vidro, as latas, os plásticos,pilas, etc.

Fátima V: Non talar árbores senon é preciso

Tito: Non tirar lixo ao chan.

Andrés: Cando me faga unha casa poñer placas solares.

Laurita: Utilizar papel reciclado.

Valeria: Separar ben o lixo. Aprender dos meus erros


Serven para algo as conmemoracións como a de hoxe "Día da Terra" ?????

Non, se logo non se cumpren as propostas. Manuel

Si, para concenciar a xente sobre o importante do Medio Ambiente e o perigoso que é perdelo. Jonathan

Si, para concienciar. Sergio, Josiño, Laura, Laura, Tito, Laura

Si, porque a xente quere contribuir a que a Terra este limpa (Raquel)

Si, para que a xente vexa que o coidado da Terra depende de nos (Laura)

Non, porque os organizadores non din o que fan, non dan resultados (Andrés)

Si, asi recibimos consellos que nos axudan a mellorar o comportamento co medio ambiente (Valeria)

Que podemos mellorar no Instituto para contribuir a coidar a Terra?

Utilizar enerxia Solar, poñer placas solares (Manuel, Sergio e Andrés)

Aproveitar millor a luz do sol nas clases (Jonathan)

Non malgastar auga (Josiño)

Reutilizar mais o papel (Raquel)

Penso que non hai moito que mellorar porque xa reciclamos bastante, pero debemos mellorar e que os alumnos/as pensen. Por exemplo: reciclan no instituto pero a maioría non o fai fora. (Laura B)

Utilizar para todo papel reciclado (Fátima, Laura)

Donar os libros que non utilizamos a institucións, bibliotecas, asociacións,... (Fátima)

Poñer máis papeleiras. (Tito)

Que o alumnado faga mais caso sobre os consellos de reciclaxe (Valeria).

Que os profes compartan coches (Manuel)

Dia mundial da Terra

A TERRA


A Terra é un planeta no que vive unha gran cantidade de especies, dentro das que se encontra a especie humana, o Homo sapiens sapiens. Polo tanto, a Terra é o noso hábitat.
A poboación humana mundial aumenta a un ritmo cada vez máis rápido, provocando un maior consumo dos recursos naturais renovables e non renovables.
Este maior consumo de recursos naturais, conleva actividades perxudiciais para a Terra, tales como: talas masivas de árbores, contaminación do aire atmosférico e das augas dos ríos, mares e océanos.
En consecuencia, debemos tomar consciencia do noso papel como especie responsable do deterioro da Terra, e actuar en consecuencia.

Carlos.

martes, 22 de abril de 2008

Efecto invernadoiro


O EFECTO INVERNADOIRO

No planeta Terra, existe un efecto invernadoiro, natural, que permite acadar temperaturas axeitadas para a vida, xa que impiden que toda a radiación solar que chega á súa superficie, sexa devolta á atmósfera.
O problema reside en que os gases causantes deste efecto invernadoiro son cada vez máis abundantes na atmósfera, debido ás emisións cada vez máis elevadas que se fai deles, polas actividades industriais. Esto provoca un sobrequentamento da superficie da Terra, xa que ditos gases reteñen unha maior cantidade de radiación solar da que resulta necesaria.
Como consecuencia, prodúcese, entre outros efectos, a fusión das grandes masas de xeo das altas latitudes da terra, provocando a elevación do nivel das augas dos océanos.
Vexamos brevemente cáles son estes gases:
O máis significativo en cantidade, é o dióxido de carbono (CO2) que se produce en todas as combustións debido á queima de combustibles fósiles, como carbón, petróleo e gas natural e tamén pola deforestación dos bosques.
Outro gas é o metano (CH4) que se produce pola actividade dalgunhas bacterias e pola dixestión nas vacas e outros rumiantes. Tamén se produce nos escapes das conduccións de gas natural e nos vertedoiros incontrolados.
Tamén se encontra o óxido nitroso (N2O) debido á utilización de fertilizantes que conteñen derivados do nitróxeno, tales como nitratos e outros.
Por último, están os clorofluorocarbonos (CFC) que ademáis de destruir a capa de ozono, repercuten tamén no efecto invernadoiro. Ditos CFC se encontran, sobre todo, en aerosois e aparellos de aire acondicionado e frigoríficos.
Polo tanto, o efecto invernadoiro ten causas múltiples, pero todas elas gardan relación có desenvolvemento da sociedade creada polo home.

Carlos.

domingo, 20 de abril de 2008

Que hacer con el aceite usado




¿Sabíais esto?





Podemos tirar el aceite usado al contenedor de reciclaje AMARILLO
IMPORTANTE MENSAJE DE NO MÁS DE DOS MINUTOS DE LECTURA: ¿Sabes donde tirar el aceite de las frituras o de todos los alimentos que fríes en aceite, hechos en casa?. Es bueno divulgar una información como esta. Aunque no cocinemos muchos alimentos fritos en aceite, cuando lo hacemos, normalmente tiramos el aceite usado en la pileta de la cocina o en algún otro sumidero, ¿verdad?. Ese es uno de los mayores errores que podemos cometer: ¡¡¡UN LITRO DE ACEITE CONTAMINA CERCA DE UN MILLON DE LITROS DE AGUA!!!. Cantidad suficiente para el consumo de agua de una persona durante 14 años. ¿Por qué lo hacemos? Simplemente porque no hay nadie que nos explique cómo hacerlo en forma adecuada. Lo mejor que podemos hacer es:

1.- Esperar, aunque eso te tome un poco mas de tiempo, a que el aceite usado se enfríe

2.- Colocar el aceite de desperdicio enfriado en una botella de plástico (como las Coca Cola, suavizante, etc.)

3.- Cerrarla y colocarla luego en la basura de reciclar plásticos.


CARLOS

Canto pode afectar o cambio climático á nosa saúde?

Resultados da enquisa:

Moito 47 votos (63%)
Algo 24votos (32%)
Nada 3 votos (4%)

martes, 15 de abril de 2008

Fotodenuncia


Fai uns días apareceron graffitis nas portas dos aseos. Os alumnos responsables asumiron o seu erro. Aproveito este espazo para agradecerlles o recoñecemento da súa conducta. O que quero denunciar é que estes alumnos tiveron que limpar as pintadas dun "compañeiro/a" que non tivo a valentía deles. É triste, non?. Ainda que vos pareza raro pintar onde non se debe ten que ver moito con termo "SOSTIBILIDADE".

Industria do automóvil e ecoloxía


A revolución ecolóxica chega ao mundo da industria do automóvil. Os coches híbridos gozan de gran atractivo polo seu baixo consumo e a súa redución de emisións de gases contaminantes.
Un vehículo híbrido combina dous motores: un eléctrico e outro de explosión. Ambos encárganse de mover o coche pero cada un entra en funcionamento dependendo das circunstancias. Xeralmente, é a mecánica eléctrica a que se ocupa de pór o vehículo en marcha, de modo que o motor de gasolina sólo actúa como apoio diste. O motor non necesita enchufarse a rede. As baterías recárganse mediante o motor de gasolina durante as deceleracións e o frenado. Cando o coche alcanza os 25 ou 30 Km/h o motor eléctrico chega ao seu límite e encéndense automaticamente o motor de combustión.
Como vedes a gran ventaxa deste tipo de automóvil é que en velocidades baixas , funciona unicamente mediante o motor eléctrico, sendo o ruído mínimo e o consumo a emisión de gases nula.
Se queredes saber como é a súa conducción , as diferencias cun coches convencional, o consumo, ect, falade con Ramón que xa hai un tempo que utiliza o coche máis "ecolóxico" do noso Centro. Isto é unha contribución máis á defensa do Medio Ambiente.

domingo, 13 de abril de 2008

A prensa de hoxe: "La Opinión A Coruña"

Deixovos un resumo dunha noticia que aparece na prensa.

Galicia pierde por fugas más agua de la que gasta la ciudad de A Coruña cada año


De los 282 millones de metros cúbicos distribuidos, más de 47 no llegan a los hogares gallegos por averías en la red. Las grandes ciudades pierden una media del 14,5% del agua suministrada.

La sedienta Cataluña se abastecería durante un mes con el agua que Galicia pierde cada año. Las averías en la red de distribución de la comunidad gallega provocan el desperdicio de más agua de la que consumen ciudades como A Coruña o Vigo. De los 282 millones de metros cúbicos distribuidos en Galicia en 2005 -año del que datan los últimos informes del INE sobre el consumo de agua en España-, más de 47 no llegaron a los hogares gallegos por roturas, averías o errores de medida. En 2007, los coruñeses gastaron 34,6 millones de metros cúbicos de agua y los vigueses 32,6, unas cantidades que suponen el 70% del volumen de agua perdida en la comunidad en un año.

Pese a las obras cometidas para mejorar la red de abastecimiento, la cantidad de agua desperdiciada en Galicia aumentó un 4,6% en la última década; lo que la sitúa como la tercera autonomía -sólo por detrás de Extremadura (6%) y La Rioja (4,9%)-, con el peor balance en el periodo 1996-2005.

El alto porcentaje de agua extraviada en el suministro se debe a la antigüedad de las construcciones y a la elevada presión en la red, que provocan roturas parciales difíciles de localizar. Las fugas suponen alrededor del 70% del total de la agua desperdiciada. Pero no sólo son las fugas las que contabilizan como pérdida, el consumo clandestino supone el 30% restante.

La red hídrica gallega extravía menos que la media española. En total, diez comunidades pierden más agua que Galicia por fugas en las cañerías. Por el contrario, las redes más eficientes son las de Asturias, Murcia, País Vasco y Madrid.

En el caso de las grandes ciudades gallegas -salvo el caso de Ferrol, que no facilitó datos sobre el consumo de agua-, A Coruña y Vigo, gestionadas por Emalcsa y Aqualia, respectivamente, son las que tienen un mayor control en la red de distribución, ya que pierden menos del 11% por averías o consumo clandestino.

Los niveles de fugas de agua en las ciudades de Santiago, Ferrol y Pontevedra se sitúan entre cuatro y cinco puntos por encima de los registrados en A Coruña y Vigo (15% en Ourense y Santiago y 16% en Pontevedra). De las grandes ciudades gallegas -sin tener en cuenta a Ferrol-, Lugo es la que registra el peor balance, con un 20% de pérdidas.


sábado, 12 de abril de 2008


“Alegoría de la salud”, pintura al óleo de Simon Vouet, 1630;

Museo del Louvre, París.




lunes, 7 de abril de 2008

A Doazón de Sangue


Fai uns días tivemos a sorte de recibir unha colaboración para este espazo de D.Antonio Carcedo Calvo, membro do Centro de Transfusións de Galicia e responsable das campañas de promoción da doazón. A verdade é que estabamos esperando ao mes de xuño, momento no que se adica un día a conmemorar este xesto tan xeneroso pero tendo en conta que estades nalguns cursos a traballar sobre a saúde, deixámosvos algunha información que pode ser de interese sobre a doazón, feito sobre o que ninguén pode dubidar que contribue a solucionar moitos problemas da saúde, e incluso a salvar vidas.
Ademáis gustaríame que coñecerades os datos de doazón do noso Concello: No ano 2006 houbo so 97 doazóns e tan so tres altas (doadores novos). No 2007 houbo 109 doazóns e 6 altas o que supón un incremento do 12% nas doazóns e o dobre de altas. Que vos parecen?

Colaboración de D. Antonio Carcedo Calvo

A DOAZÓN DE SANGUE

É un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para a saúde de moita xente. Os homes poden doar un máximo de 4 veces ao ano e as mulleres 3 veces ao ano; deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses.
Non se debe acudir sen almorzar e despois de xantar haberá que deixar pasar dúas horas.

Antes da doazón, un médico realiza unha entrevista e un exame médico básico para confirmar a boa saúde do doador e, deste xeito, protexer ao futuro receptor dos compoñentes sanguíneos.
O noso primeiro obxectivo é preservar a saúde do doador.Mídese o pulso, a tensión sanguínea e tómase unha pinga de sangue dun dedo para medir o nivel de hemoglobina e descartar unha posible anemia.

En termos xerais poden doar sangue as persoas:

- Maiores de 18 anos. Se cumpren 65 anos poden continuar co permiso do seu médico.
- Saúde normal e máis de 50 quilos de peso
- Non padecer nin ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue ( hepatite B, hepatite C, sífilis, SIDA,...)

DOAZÓN:
Dura aproximadamente de 5 a 7 minutos. O persoal sanitario emprega MATERIAL ESTÉRIL e dun só uso, que é desprecintado momentos antes de atender ao doador.
Durante a doazón, NON hai ningunha posibilidade de contraer enfermidades transmisibles polo sangue.
RECUPERACIÓN:
Ao rematar, o doador toma un refrixerio consistente en auga ou refrescos e algún alimento sólido. O volume de sangue extraído (450 ml) recupérase case de inmediato.
A doazón NON DEBILITA o organismo
Aos poucos días de ter doado envíase ao domicilio do doador, de xeito confidencial, un carné que acredita a súa condición de doador, xunto cos resultados das análises realizadas, para o coñecemento do seu estado de saúde.
A posesión do carné de doador non obriga a doar un número determinado de veces ao ano xa que, por lei, a doazón de sangue é un acto voluntario..
SOBRE O SANGUE
O sangue non se emprega tal e como se lle extrae ao doador. Cada bolsa de sangue doado sométese a un proceso de separación no que se obteñen tres compoñentes sanguíneos (glóbulos vermellos, plasma e plaquetas). Normalmente cada enfermo require só un deles.

GLÓBULOS VERMELLOS Precísanse nas intervencións cirúrxicas, nos transplantes de órganos, hemorraxias debidas a accidentes, …Duran ata 42 días
PLASMA
Contén proteínas para o tratamento de grandes queimados , enfermidades crónicas, infecciosas, ,... Consérvase ata un ano
PLAQUETAS
Necesítanse no tratamento de enfermos con cancro ou leucemia, nos transplantes de medula ósea, … Tan só duran 5 días

UNHA DOAZÓN de sangue pode beneficiar a máis dun enfermo xa que os tres compoñentes sanguíneos adoitan utilizarse por separado. Tan só 7 de cada 100 doadores posúen o grupo sanguíneo CERO NEGATIVO coñecido como DOADOR UNIVERSAL, frecuentemente utilizado nas urxencias. O CTG está a desenvolver campañas informativas para concienciar a este grupo especial de doadores. Sangue cero negativo hai pouco e urxencias moitas todos os días.
Nunha intervención cirúrxica poden precisarse 2 bolsas de glóbulos vermellos, pero nalgúns accidentes de tráfico e nos transplantes de fígado chégase a utilizar o sangue que doan 20 - 30 persoas e as veces máis.
No ano 2008 precisaremos en Galicia preto de 126.000 doazóns de sangue para cubrir todas as necesidades dos nosos hospitais

AUTOABASTECEMENTO
A doazón de sangue en Galicia medrou moito nos últimos anos, pero tamén produciuse un gran crecemento da actividade asistencial hospitalaria que incidiu directamente no aumento das necesidades de sangue. Cada día os hospitais galegos atenden unha media de 2.900 urxencias, realizan preto de 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.
O crecemento na actividade asistencial, xustifica aínda máis o obxectivo que persigue o CTG de continuar incrementando a participación dos cidadáns dentro da taxa que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano).
Para acadar este obxectivo, cada día DEZ unidades móbiles do CTG percorren Galicia na procura da colaboración dos cidadáns nas campañas de doazón de sangue, desprazándose aos núcleos principais de poboación dos concellos, ás parroquias, barrios das grandes cidades, empresas, centros de ensino secundario, escolas e facultades universitarias,...
Tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de atención ao doador existentes en: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
O Centro de Transfusión de Galicia dispón dunha liña GRATUÍTA de atención telefónica (de 8.00 ás 22.00 horas) no que é posible solucionar calquera dúbida relacionada coa doazón ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828
Outras formas de contactar co CTG son o correo electrónico e a nosa páxina WEB: e-mail:doadoressangue.ctg@sergas.es
http:// ctg.sergas.es


GRACIAS ANTONIO, xa sabedes que podedes utilizar este espazo para divulgar información sobre a vosa labor que no fondo nos interesa e nos toca a cada un de nós, algún membro da nosa familia, ou amigo.

sábado, 5 de abril de 2008

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

A saúde é "un estado de completo benestar físico, mental e social" según a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Existen tres tipos xerais de enfermidades: físicas, mentais e sociais, aínda que, en moitas ocasións, haxa unha clara relación entre os tres tipos de enfermidades. Así, un medio social negativo, produce, a miúdo, enfermidades físicas e mentais.

As persoas deben coidar a súa saúde mediante unha boa hixiene, unha boa alimentación e hábitos saudables tales como: descanso suficiente, exercicio físico, evitar o consumo de tabaco, alcohol e substancias estufefacientes, e adoptando actitudes positivas que melloren o medio social.

Carlos.

viernes, 4 de abril de 2008

Salud y cambio climático

El cambio climático: un problema para el sector de la salud

Los peligros que el cambio climático supone para la salud son de naturaleza diversa y mundial, y van desde el aumento del riesgo de fenómenos meteorológicos extremos hasta modificaciones de la dinámica de las enfermedades infecciosas. Muchas de las enfermedades más mortíferas son sensibles a las condiciones climáticas, de las que dependen su incidencia y propagación.

Algunas de las repercusiones sanitarias del cambio climático ya son manifiestas: aumento del número de muertos por olas de calor, variaciones de la incidencia de enfermedades transmitidas por vectores y alteraciones de la distribución de los desastres naturales.
Estas repercusiones afectarán de forma desproporcionada a las poblaciones vulnerables, tales como los niños pequeños, los ancianos, los enfermos, los pobres y las poblaciones aisladas. La vulnerabilidad también es mayor en:
zonas con enfermedades endémicas sensibles al clima, grave escasez de agua y escasa producción de alimentos;
pequeños estados insulares en desarrollo y regiones montañosas, y
megalópolis y zonas costeras de países en desarrollo.

Medidas que hay que tomar ya
Las repercusiones sanitarias del cambio climático serán difícilmente reversibles en años o decenios. No obstante, muchas de esas posibles repercusiones son evitables o controlables. Hay medidas definidas en el sector sanitario y sectores conexos para reducir la exposición al cambio climático y sus efectos. Por ejemplo, el control de los vectores de enfermedades, la reducción de la contaminación producida por los medios de transporte y el uso eficiente de la tierra y el agua son medidas bien conocidas de utilidad demostrada.
Además, muchas de las medidas necesarias para evitar el cambio climático tienen efectos positivos en la salud. Por ejemplo, en los países industrializados, el aumento de la utilización de la bicicleta y del transporte público, en vez de los automóviles privados, contribuirá a reducir la emisión de gases de efecto invernadero. Además mejorará la calidad del aire y la salud respiratoria, y reducirá el número de muertes prematuras. El aumento de la actividad física que se produce caminando o montando en bicicleta pueden reducir la obesidad y las enfermedades relacionadas con ella. Cuanto antes se tomen estas medidas, mayor será su impacto en la salud pública

jueves, 3 de abril de 2008

Amaral: "La tormenta llegará"



Escoitade este tema de Amaral. Trátase do himno para a ExpoZaragoza 2008, o espíritu da auga e do desenvolvemento sostible presidirán esta mostra.

"La tormenta llegará" é a adaptación dun tema interpretado por un mítico cantante alá polo 1962. Xa sabes de quen estamos a falar???. Si é así fala con Oscar ou con Marta. Recibirás un agasallo para que poidas mercar a túa música favorita.

martes, 1 de abril de 2008

Historia das palabras

ABRIL . Elaborado polo alumnado de 1ºB e a súa titora Mercedes.

BIOGAS (do prefixo grego "bios-", que significa "vida", + "gas", do latín "chaos" que significa "caos", neoloxismo inventado polo químico flamenco I.B. Helmont no século XVII). Gas producido pola fermentación de materia orgánica.

BIOMASA (do prefixo grego bios-, que significa "vida"+ masa, do latín massa, que significa amontoamento, pasta) Suma total de materia dos seres vivos presentes nun ecosistema, expresada xeneralmente en unidades de superficie ou de volume.

Curiosidades animais: Abril

O tucán

O seu pico é tan característico que case todo o mundo coñece esta ave das selvas tropicais do Centro e o Sur de América.
Non se sabe ben se é un atributo sexual. Durante a época de celo, o macho e a femia lánzanse pequenos foitos co pico.

Ainda que poida parecer o contrario o pico é mais lixeiro do que aparenta.

Señora, quiero hacerme un abrigo con su fox terrier



Las focas son animales de lo más entrañables, yo creo que porque, como nosotros, cuando son crías toman leche, porque tienen esa forma así como de torpedo inofensivo, por sus ojos negros y llorosos. Las focas que viven es sitios helados y nadan en aguas heladas y se comen peces a punto de ultracongelar. Las focas que cuando nacen pasan de estar a cerca de 40ºC en el útero materno a en segundos estar a más de 20 ºC bajo cero, que a ver quien aguanta eso. Las focas que para un esquimal son como para nosotros un cerdo, toda una despensa repleta de alimento.

Este viernes al sur del el Golfo de San Lorenzo en el estrecho de Belle Isle (entre Québec, Terranova y Labrador), empezó un año más la tradicional matanza de focas, realmente de crías de foca, más fáciles de abatir que los ejemplares adultos. Las imágenes de esta cacería son estremecedoras un hombre con un gran palo en la mano mata a golpes a las pequeñas focas y el hielo se tiñe de sangre.

El sacrificio de estos mamíferos se debe a que su piel se emplea para la confección de prendas de abrigo. Aunque el gobierno del civilizado Canadá se esfuerza en decir que la caza de focas es cada vez más humana, lo cierto es que la foquita muere a palos o lo que es peor desangrada al ser desollada.

Las autoridades del civilizado Canadá, dicen que las poblaciones humanas de la zona viven de esta actividad y que es una forma sostenible de subsistir ya que la población total de las tres especies de focas que se cazan, suman unos 5 millones de ejemplares y que “sólo” se van a sacrificar 275.000 crías en poco más de 15 días.

Yo creo que las personas que, después de saber y ver como se obtienen las pieles con las que se hacen la ropa que llevan puesta, persisten en usar estas prendas tendrían que plantearse que harían si a su gato de ágora o a su terrier lo matasen a palos y le pusieran botones y ojales. Sólo se me ocurre gritar viva el Gore Tex.

Una colaboración de Francisco Martínez (OCCA. Oficina de Comunicación Concello de Abegondo)