sábado, 21 de marzo de 2009
23 de marzo. Día meteorolóxico mundial
miércoles, 18 de marzo de 2009
22 de marzo: Día mundial do auga
lunes, 16 de marzo de 2009
21 de marzo: Día forestal mundial
domingo, 8 de marzo de 2009
Planta de tratamento de lixo de Nostián
Nostián é unha planta de tratamento integral de residuos. Alí entran 550 toneladas de lixo ao día en uns 11 camións. viernes, 6 de marzo de 2009
Oficial de Policia, condecorada pola ONU e muller abegondesa.
Chámase Maria Esporas, actualmente traballa como policia nacional en Santiago e hoxe, xunto con outras mulleres, recibe unha homenaxe pola súa traxectoria profesional. Invítovos a ler a entrevista publicada onte no Correo Gallego.
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=3&idNoticia=402513&idEdicion=1178
martes, 3 de marzo de 2009
La Voz de Galicia: 3/3/09.
Galicia acumula oito meses con temperaturas máis frías do normal
Os ceos despexados trouxeron xornadas asolladas, pero tamén un descenso das mínimas
- Autor:
- Xesús Fraga
Os termómetros marcaron en febreiro temperaturas medias lixeiramente por baixo dos valores habituais para este mes invernal. Desta forma, Galicia encadea o seu oitavo mes consecutivo cun tempo máis frío do que lle correspondeu, verán incluído.
Segundo os datos de Meteogalicia correspondentes a febreiro -á espera da publicación do correspondente informe meteorolóxico-, as medias quedaron por baixo do esperable. Nalgúns casos, a diferenza foi de décimas: 0,7 en Ferrol e Pontevedra, que acabaron o mes con medias de 10,3 e 9,4 para valores climáticos de 11 e 10,1, respectivamente. Foi maior en Santiago e Ourense, con rexistros de 8,6 e 8,4 para uns valores de 9,6 e 9,3, e aínda máis acusada en Lugo, con 1,5 de diferenza: 6 fronte a unha media de 7,5.
As temperaturas medias máis frías do habitual de febreiro resultan rechamantes se llas pon en relación coas xornadas consecutivas asolladas e secas das tres últimas semanas, unha percepción de bo tempo que se ve acrecentada por vir tras varias semanas de inestabilidade e, especialmente, despois do paso do ciclón Klaus. Con todo, precisamente a presenza de ceos despexados elevou as máximas, pero tamén fixo que as mínimas descendesen de forma máis acusada que se dominasen as nubes, polo que as medias quedaron por baixo dos valores climáticos.
Con respecto ás máximas, os rexistros máximos alcanzáronse cara ao final do mes, de forma especial os días 26 e 27, cando os termómetros superaron con folgura os 20 graos en case toda Galicia. As mínimas reproducen un esquema similar, pero á inversa: os valores absolutos quedaron baixo cero na gran maioría da comunidade, con excepción da costa. A estación de Meteogalicia no campus de Lugo detectou -2,6 o día 21, e a de Mouriscade, en Lalín, -4,5 o día 19, por citar dous casos onde as mínimas caeron por baixo dos cero graos, aínda que na alta montaña o descenso do mercurio foi aínda máis acusado.
Con todo, estes datos retratan un período que se asemella bastante cun mes invernal, sobre todo en temperatura, e coa excepción da escaseza de choivas. Febreiro contrasta aínda máis se se compara co mesmo mes do 2008, que foi inusualmente cálido respecto das medias dos últimos 30 anos. Tras un par de anos de invernos benignos -e o outono do 2008, marcado por unha preocupante seca-, Galicia regresa a valores máis propios desta estación, con algo máis de frío pero sen chegar aos niveis dos oitenta. A estampa máis típica do inverno volverá mañá, xa que unha borrasca traerá novas choivas, que serán xeneralizadas en toda a comunidade e continuarán o xoves.
lunes, 2 de marzo de 2009
Mes de febreiro:Traballo realizado por Laura, Natalia e Fátima Valeria.
Recopilación de refráns:
- Veña febreiro chuvioso, ainda que saia rabioso.
- Febreiro revoltoso: un rato peor que outro.
- Para febreiro garda leña no leñero.
- En febreiro, hebras de frio e non de lino.
- Febreiro: mes frio e traicioneiro. Un día sae o sol e outro pasmas de frio.
- Neve frebreiriña, toca a galiña.
- A neve febreiriña vaise axiña.
- Dure a mala veciña o que a neve febreiriña




