lunes, 29 de octubre de 2007

O cambio climático

A verdade que é moito o que escoitamos nos últimos días sobre "O cambio climático". Ao marxe da miña opinión sobre o tema non podemos esquecer que os fenómenos climáticos estiveron sempre presentes nas preocupacións das diversas civilizacións. Moitas veces ofrecianse oracións, danzas e sacrificios a un deus para que influira sobre o tempo. Os "mayas" facían ofrendas a Chac "deus da choiva" de pedras preciosas ou seres humanos que arroxaban aos pozos.

Os campesinos e os mariños coñecen moitos proverbios relacionados co cambio do tempo e outros signos da natureza. Transmitidos de xeneración en xeneración, estes ditos revelan supersticións simples ou encerran certa verdade?. Estou pensando nalgún deles:

Se as vacas se deitan no chan, vai facer mal tempo.... (Podería ser certo que se deitaran para conservar parte da herba seca)

A presenza de moitas teas de araña anuncia bo tempo...(Podería ser certo que as arañas non texen cando chove)

Ocórrenseme algunhas mais pero prefiro que sexades vos quen as recordedes. Invítovos a recoller todas as tradicións que neste senso se conserven no Concello de Abegondo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Din que cando se revolven as follas vai chover

Anónimo dijo...

Las piñas si llueven se cierran, con tiempo seco se abren.