viernes, 30 de noviembre de 2007

Xornada Micolóxica

Recopilación de textos feita polo alumnnado de 2º ESO, grupo A.

O día da xornada micolóxica tivemos unha breve charla cun profesor de setas (micólogo) que nos explicou como recoñecer as setas, os danos que pode provocar unha seta venenosa, ou como se reproducen. (David Botana)

Fomos a un monte de castineiros a atopar setas. Carlos, o micólogo, íanos explicando o nome da seta, a clase a que pertencia e si era venenosa ou non. (Rubén Pazos)

Os profes que nos acompañaron e o especialísta pensaban que non iamos atopar ningunha seta porque non fixera tempo delas. Pero quedáronse moi impresionados cando viron que había moitas.(Cristina Bodelo)

A verdade é que o que dí Cristina é certo pero tiñamos o referente do curso pasado no que atoparamos moitas mais e de diversas tipoloxias.

Algunhas das setas eran realmente espectaculares. Ningún de nós sabía da existencia de aqueles tipos de fungos. (Inés Palla)

Habíanas de moitas cores e tamaños e tamén de cheiros diferentes. Atopamos unha pequeniña e violeta que algún de nós probou e picaba moitísimo. (Nerea Sánchez)

Sabedes onde tedes que depositar as setas cando vaiades a recollelas polo campo?

Como dixo o micólogo hai que levar un cesto porque dese xeito as setas que van nel van esparcindo as esporas polo chan e así nacen novas setas. (Antonio Fiaño)

O tipo de seta que máis vimos foi a Rúsula, unha seta algo lila. (Rubén Mazás)

Durante a nosa búsqueda atopamonos cun señor que vivía cerca de alí e nos axudou a buscar nelas.(Iago Vázquez)

Era "Pepe da Lagoa" que ao parecer entendía algo de setas. Trouxo unha moi peculiar con forma de coliflor. (Jorge López)

Pepe axudounos a buscar máis setas porque coñecía os lugares onde nacian. (Sebastián Mosquera).

O micólogo quedou abraiado porque o veciño de Viós saber sabía bastante (Borja Vázquez)

En resumen:

Aprendimos a saber diferenciar as setas tendo en contas as características das súas partes:anel, pé, himenio, sombreito,...(Nuria Sánchez)

Nunca pensei que houbera tantos tipos de setas, tan bonitas pero venenosas!(Carlos Barallobre)

Isto foi o que aconteceu un día de saída para ver setas. Que riqueza natural temos en Viós!.(Sonia Bello)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustounos moito Disfrutamos moito dista actividade e parecenos moi interesante para seguir facendoa moitos anos máis.
O blog está moi ben porque así compartimos o noso traballo con máis xente.

Anónimo dijo...

Parece que foi interesante a saída, propoñolle ao centro que algunha vez nos invitedes.

Anónimo dijo...

a xornada micoloxica que se efectuou en vios estivo moi interesante sobre todo pola integracion dun veciño de vios ao grupo.este colaborou moito xa que tiña unha gran esperiencia nos misterios dos fungos desta zona.levaba un tempo papando neles xa que lle encantaban.sergio migui zalo