miércoles, 21 de enero de 2009

Ditos, refráns e outros sobre o mes de xaneiro

A auga de xaneiro cada gota vale un diñeiro.

A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.

Nadal e xaneiro, fan o inverno enteiro.

Entre Nadal e xaneiro, inverno verdadeiro.

En decembro descansar, en xaneiro traballar.

A flor de xaneiro no chega ao fruteiro.

Tronos en xaneiro, mortandade no reino.

Xaneiro mollado, febreiro transtornado.

En xaneiro sabe a berza vella a carneiro.


Unha colaboración de Sebastián Mosquera e Antonio Fiaño.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Esperemos que o refrán de Xaneiro relativo aos tronos non se cumpra neste ano.