viernes, 24 de abril de 2009

Viaxe a Cantabria e Asturias

Os días 13, 14 e 15 de abril os alumnos de 2º visitamos Asturias e Cantabria.
O primeiro día chagamos ao albergue a hora de comer. Pola tarde dirixímonos a Santander ao Palacio da Magdalena e ao Centro da cidade. Ao día seguinte levantámonos cedo e fomos ao Parque de Cabárceno, onde vimos moitos animais, e un biólogo falounos sobre a flora do parque. O que máis me gustou de este sitio foron os osos e a actuación dos leóns mariños. Despois de comer visitamos o pobo de Santillana. Un lugar moi turístico, con rúas empedradas, construcións medievais como a colexiata, de estilo románico. Alí tivemos algún tempo libre. Antes tamén estivemos nas covas de Altamira, onde nos ensinaron e explicaron as pinturas rupestres da cova. Predominan os bisontes, aínda que tamén había cabalos e cervos. Había mans de nenos, símbolos representados. Pintaban con carbón, ocre, .......
O terceiro día xa marchamos pola mañá do albergue para ir á Cova del Soplao. Alí tamén nos explicaron como se forman as estalagmitas e as estalactitas e os minerais dos que se compoñen. Pola tarde o último museo visitado foi o da minería do Entrego, en Asturias, un dos lugares que máis entretido me pareceu. O monitor foinos explicando as diferentes partes dunha mina e os diferentes procesos que se levan a cabo nela. Tivemos que pasar polos lugares polos que os miineiros se trasladaban dun lugar oa outro.
Pareceume unha excursión educativa e divertida.

Tania de 2º A

1 comentario:

Jonathan silva dijo...

Pola mañá non almorzo, porque penso en ti.
Pola tarde non xanto, porque penso en ti.
Pola noite non ceo, porque penso en ti.
E despois non durmo porque teño fame.

Cando te vou bicar empezo a tremer porque o teo mozo vai chegar
e creo que che empezo a amar.