martes, 2 de junio de 2009

Gañadores do concurso "Lingua para os bicos"




O pasado xoves, coincidindo coa clausura das actividades do Club de Lectura, foron entregados os premios ao concurso "Lingua para os bicos"organizado polo Equipo de Normalización Lingüística, o Departamento de Galego e as profes responsables da Biblioteca.

A ampla participación do alumnado ocasionou que o xurado non tivera moi doado tomar unha decisión así que entregaron tres premios aos seguintes alumnos/as:

JAIME TUDÓ de 1º A

CARLOS BARALLOBRE de 3ºA

SIRA SANCHEZ de 4º (Sira, non te queixes que non publiquei a túa foto!!!. Debesme unha.)

Os meus parabens ás organizadoras do concurso e as profes da Biblioteca por todas as actividades de dinamización que realizastes durante este curso.

lunes, 1 de junio de 2009

5 De xunio: Día mundial do Medio Ambiente

O día mundial do medio ambiente é unha data conmemorada polas Nacións Unidas desde o ano 1972. Pretende motivar á poboación mundial sobre os temas ambientais de tal xeito que cambien as actitudes, tanto a nivel individual, como colectivo sobre o cuidado e conservación do medio ambiente, e que as distintas administracións públicas(locais,autonómicas, estatais, etc.) adopten medidas que potencien ditas actitudes.

Carlos.

martes, 26 de mayo de 2009

Fotografías programa de intercambio

http://picasaweb.google.es/marta.pena.area/5DeMayo#

Dende este enlace podedes descargar as fotografías do intercambio Vios-Oliana.

Alumnos/as de 4º: espero recibir as vosas no meu correo para poder facer un album dixital completo.

miércoles, 20 de mayo de 2009

24 de maio día europeo dos parques naturais


Esta data é celebrada en toda Europa en conmemoración dos primeiros Parques Naturais europeos, declarados como tales no ano 1909 en Suecia. Polo tanto, cúmprense agora 100 anos desta declaración. Esta celebración é organizada actualmente pola Federación EUROPAC, organización que agrupa a 38 países. Todos os anos son organizadas actividades nas zonas protexidas, coa finalidade de concienciar á opinión pública sobre a importancia de protexer ditas zonas. En concreto, este ano o lema escollido para a celebración é: "Un século de Parques Nacionais europeos:presente e futuro das nosas áreas protexidas".
Carlos.

viernes, 15 de mayo de 2009

domingo, 10 de mayo de 2009

A humidade relativa do aire


A humidade relativa do aire consiste en saber a cantidade de vapor de auga que contén o aire, en relación á máxima cantidade que pode chegar a conter. Se expresa en tanto por cento (%) e para medila, se utiliza un aparato chamado higrómetro, que pode ser de varios tipos, pero un dos máis comúns é o chamado higroscopio, que utiliza unha corda feita de cabelos, que se retorce tanto máis, canto maior humidade haxa no aire. Dita corda de cabelos, despraza unha agulla indicadora que se move sobre unha esfera, indicando o valor da humidade relativa do aire nese momento (ver fotografía). O valor da humidade relativa oscila moito, dependendo das condicións atmosféricas, e tamén varía moito duns lugares a outros. Así, xunto ao mar poden darse fácilmente valores do 90%, mentres que en zonas máis secas, poden darse valores do 35 ou 40%.
Carlos.

viernes, 1 de mayo de 2009

Viaxe a Cantabria

Os alumnos de 2º realizamos unha viaxe a Cantabria os días 13, 14 e 15 de abril; aínda que o principal destino era o Parque Natural de Cabárceno,visitamos tamén outros lugares interesantes.
Partimos do Concello ás 7:00 horas, moi ilusionados. A primeira parada fixémola en Mondoñedo, coa fin de almorzar; e a segunda, en Villaviciosa para estirar un pouco as pernas, pois a viaxe foi un pouco longa.
Chegamos ao albergue para xantar, aproximadamente ás 13:30 horas. Recibiunos Vanessa, que ía ser a nosa guía durante a estancia. Despois de acomodar a equipaxe e facer as camas, saímos do albergue dirección Santander.Visitamos a Península da Magdalena, onde destaca o Palacio, antiga residencia de verán dos avós do Rei, agora destinado á celebración de actos sociais importantes. Como curiosidade destacan as súas 365 ventás. Paseamos polo Sardinero e tivemos tempo libre para facer compras. Regresamos ao albergue sobre as 20:00 horas. Despois de cear, a guía qrganizou un karaoke; cantamos e nos divertimos moito. Esta noite os que durmiron tiveron sorte.
Por fin chegou o día máis emocionante: o Parque Natural de Cabárceno. Foi alucinante. A primeira actividade consistiu en ver un documental sobre a ameaza que sufre o noso Planeta a causa da neglixencia humana. Concretamente no Parque morreu unha cría de elefante por inxerir unha bolsa de plástico. Logo fixemos unha ruta cun especialista en Botánica que nos explicou curiosidades moi interesantes dalgunhas árbores e arbustos da zona. Como chovía bastante suspendeuse parte da mesma.Vimos tamén un espéctaculo protagonizado por leóns mariños, o reptilario e unha longa variedade de animais.
Pola tarde fomos á Neocova de Altamira, unha réplica da aútentica cova, pechada ao público por motivos de seguridade e deterioro. Só abre as súas portas a investigadores e ciéntificos. Despois dirixímonos a Santillana del Mar, unha vila medieval que conserva as súas rúas empedradas. O monumento máis emblématico é a Colexiata, custodiada por un león e unha leoa. Conta a lenda que se queres ter sorte, debes tocar a parte na que se diferencian; e non é precisamente na melena. Voltamos ao albergue co tempo xusto para cear e recuperar forzas para disfrutar do guateque que nos esperaba a continuación. Bailamos a pracer, eso sí, algúns con máis gracia que outros. Esta noite era a última e había que disfrutar. Quedamos durmidos de madrugada. O peor foi erguerse ao día seguinte, pois de non ser por Herminia que tocou diana , algunhas quedabamos alí.
Así chegamos ao último día da viaxe. Despois de lavar a cara coma os gatos, preparamos a equipaxe de présa e correndo e iniciamos a volta a casa; non sen antes deixar aos rapaces tirar unha foto coas girls e darlles uns kisses de despedida. Paramos nas covas de El Soplao, onde comprobamos a acción da auga na formación de estalactitas e estalagmitas. Son impresiontes, merece a pena a súa visita. A última parada fixémola en Mieres (Asturias) no Museo da Minería, onde baixamos a unha mina cun guía que nos fixo sentir o durísimo traballo dos mineiros, levándonos por tramos verdadeiramente difíciles. Algún non as levaba todas consigo …
Sobre as 21 horas, gracias ao bo facer do noso piloto (Manolo Alonso Miranda), chegamos a Abegondo moi cansos, pero felices. Ao día seguinte permitíronos quedar na casa para recuperar forzas.
Esta excursión foi unha aventura que ninguén de nós olvidará. Parabéns para as profesoras que nos acompañaron.


Alumnado de 2º B

domingo, 26 de abril de 2009

Concurso: Lingua para os bicos.


17 de Maio de 2009: Día das Letras Galegas e Día Internacional da Internet

CONCURSO DE MENSAXES EN DECLARACIÓNS DE AMOR EN GALEGO

Obxectivo:

Conquistar novos espazos de uso para o galego: internet, o correo electrónico e os
chats son espazos de comunicación nos que se emprega o castelán como lingua
habitual. Pretendemos con este concurso mudar este hábito e dinamizar o galego
nestes novos ámbitos.

Organiza:

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, a Biblioteca e o
Departamento de galego.

Bases:

A temática das mensaxes será amorosa e poderán estar escritas en prosa ou
en verso.

Terase en conta o grao de elaboración e a orixinalidade. Ademais todas as
declaracións deberán ser inéditas.

As mensaxes deberán ser colgadas no apartado de "COMENTARIOS" desta entrada, identificándose con nome e apelidos.

O xurado estará composto polos membros dos departamentos convocantes do
concurso.

A organización do concurso poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter
discriminatorio ou ofensivo.

O nome da persoa gañadora farase público no blog.

Establécese un único e doce premio.