lunes, 27 de octubre de 2008

A biodiversidade

Enténdese por biodiversidade, a variedade de organismos que existen na Terra. Considerando todo o conxunto da Terra, pódese dicir que a biodiversidade é maior en toda a franxa situada entre os trópicos. En concreto, os ecosistemas con maior biodiversidade son as selvas tropicais e os arrecifes coralinos. A biodiversidade, polo tanto, supón a riqueza biolóxica do noso planeta e permite a estabilidade dos seus ecosistemas, de xeito que aqueles ecosistemas nos que non intervíu o home, presentan a máxima biodiversidade posíble (estado clímax). Actualmente estase producindo unha perda de biodiversidade debido a procesos provocados polo home, tales como a contaminación (atmosférica, dos mares, dos ríos, dos lagos,do solo, etc.), deforestacións, incendios,etc. Por desgracia, dita perda de biodiversidade prodúcese a unha velocidade cada vez maior, polo que moitas especies perderanse definitivamente.

Carlos.

No hay comentarios: