domingo, 26 de octubre de 2008

Presentación da A 21 Escolar Galega no Telecentro de Abegondo


Esta imaxe corresponde ao venres 24 de Outubro e foi sacada na Aula Multimedia do Concello de Abegondo. A través de videoconferencia presentouse o programa Axenda 21 Escolar Galega para o curso 2008/09.

Para os que ainda non o saibades a Axenda 21 escolar é un programa pensado para facilitar a implicación dos centros educativos na educación para a sostibilidade, coa finalidade de imaxinar e de construír un mundo mellor e máis sostible, comezando pola intervención no noso contorno máis inmediato.

Neste programa comezaron a traballar o curso pasado o CEIP San Marcos e o IES de Viós.

Na fotografía podedes ver, comezando pola esquerda a Paco e a Emilio, encargados de asesorar ao profesorado sobre o programa. Despois están Manuel Tajes (Delegado de Medio Ambiente da Coruña) e Victor Meizoso (Alcalde en funcións). Participamos profes de moitos centros educativos.

No hay comentarios: