martes, 18 de diciembre de 2007

A bioconstrución


A arquitectura non depende só do gusto ou dos cánones estéticos, senón que ten en conta unha serie de cuestións prácticas, estreitamente relacionadas entre sí: a elección dos materiais e a súa puesta en obra, a disposición estructural das cargas e o precepto fundamental do uso ao que esté destinado o edificio.
A existencia dun material natural está estreitamente relacionada coa invención das ferramentas para a súa explotación e determina as formas constructivas. Por exemplo, a carpintería de madeira apareceu nas diferentes áreas boscosas do planeta, e a madeira segue sendo, anque o seu uso esté en declive, un material de construcción importante nesas áreas.O empleo de pedras naturais na construcción está en decadencia, debido ao seu elevado precio e á súa complicada puesta en obra. No seu lugar utilízanse pedras artificiais, como o formigón e vidro chán, ou materiais máis lixeiros, como o ferro ou o formigón pretensado, entre outros. Aparecen o ladrillo e outros produtos cerámicos, basados na cocción de pezas de arcilla nun forno, con máis resistencia ca o adobe.
A construcción con pedra, ladrillo e outros materiales chámaselle albañilería. Estos elementos pódense trabar só co efecto da gravidade (a óso), ou mediante xuntas de mortero. Os romanos descubriron un cemento natural que, combinado con algunhas substancias inertes (area e pedras de pequeno tamaño), conócese como argamasa. As obras construidas con este material cubríanse posteriormente con mármoles ou estucos para obter un acabado máis aparente. No siglo XIX inventouse o cemento Portland, que é completamente impermeable e constitúe a base para o moderno formigón.
A producción industrial do aceiro; os fornos de laminación producían vigas de ferro moito máis resistentes cás tradicionais de madeira. Aparece así o formigón armado, que revolucionou a construcción do siglo XX por dúas razóns: a rapidez e a comodidade da súa puesta en obra e as posibilidades formais que ofrece, dado que é un material plástico. Por outra parte, a aparición do aluminio popularizou o uso dun material extremadamente lixeiro que non necesita mantemento. O vidro coñécese dende a antigüedade e as vidrieiras son un dos elementos característicos da arquitectura gótica. Sen embargo, a súa calidade e transparencia foron acrecentando gracias aos procesos industriais, que permitiron a fabricación de vidro en grandes dimensións capaces de iluminar grandes espazos con luz natural.
As vigas, por tanto, soen ser de madeira, ferro ou formigón armado.
As estructuras poden ser de madeira ou de aceiro.
CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO
O proxecto dun edificio nunca se realiza de forma aislada, senón prestando especial atención ás interaccións co entorno. Tanto os arquitectos como os seus clientes están concienciados deste problema e sérvense do urbanismo para evitar impactos negativos sobre as zonas antigas das cidades. Intentan que os edificios non quebren a harmonía co entorno, para que fauna e flora non se vexan prexudicados.
COMO CONSEGUIR O MAIOR APROVEITAMENTO DA ENERXÍA
Como xa se mencionou anteriormente, os diferentes materiais con que son construidos
os edificios poden variar a estructura, forma, etc dunha vivenda, así como o aproveitamento da enerxía que nesta se produce.
Para iso, empréganse materiais bióticos, é dicir, que danan o mínimo posible o ambiente porque a súa elaboración e uso non son moi contaminantes, e que ademais, son bos acumuladores de calor, como a madeira, barnices naturais, etc, polo que se diminúe o consumo de enerxía.
A distribución das portas e das ventás, é tamén decisiva, xa que poden recibir maior enerxía solar. Por exemplo, os raios do Sol, en verán, caen perpendicularmente sobre a superficie terrestre, polo que conseguimos maior enerxía e luz, polo que cantas máis haxa, un mellor aproveitamento obteremos. En inverno, os raios caen máis inclinados, polo que as partes baixas das portas seguen a obter enerxía.
En canto á calefacción, o recurso máis eficaz é o das placas solares, xa que quentan a auga e as tuberías polas que esta discorre. Pero, presenta unha gran desvantaxe: necesítanse en gran cantidade e, por suposto, ten que ser unha zona na que reciba suficiente enerxía solar.
Para rematar, falarei da ventilación das vivendas, para isto, créanse ocos (nas paredes e no teito) con materiais aislantes que permiten reter a calor e ventilar a vivenda.

Quentamento solar
As placas colectoras empregan a enerxía do Sol para quentar un fluido portador que, á súa vez, proporciona calor utilizable nunha casa. O fluido portador, auga neste caso, flúe a través de tuberías de cobre no colector solar, durante o proceso absorbe algo da enerxía solar. Despois, móvese ata un intercambiador de calor onde quenta o auga que se empregará na casa. Por último, unha bomba leva de novo o fluido cara o colector solar para repetir o ciclo.

Esta colaboración é da alumna Tania Vilariño de 3º B. Tedes unha reportaxe máis extensa e gráfica no Boletín deste trimestre.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustaríame darlle a noraboa a Tania Vilariño pola súa colaboración, pq a verdade é que me parece do mais interesante. O que me gustaría saber, se alguén mo pode decir, ¿onde se está facendo esa bioconstrucción que sae na foto?.
Un saúdo.

marta dijo...

Ola Fátima, gracias por participar no blog. O artigo foi elaborado integramente por Tania, a fotografía baixeina de internet e non recordo se era de Cantabria ou do Pais Vascos pero aparece nas imaxes de google se buscas "Bioconstrucción".De todos xeitos o curso pasado estivemos cos alumnos/as de 2º da ESO nun centro da Serra de San Mamede "As Corcerizas" e estaba realizado baixo criterios de bioconstrucción. Se atopo as fotografias tentarei colgalas e senon imaxino que terás fotos na paxina de "Amigos da Terra". Remitirémosvos Boletíns do centro para que vexades os gráficos que realizou Tania. Un saúdo