lunes, 2 de febrero de 2009

A presión atmosférica


Denomínase presión atmosférica á presión debida ao peso do aire, que diminúe coa altitude dun lugar, xa que a maior altitude sobre o nivel do mar, menor capa de aire existe nesa zona.
A presión atmosférica non ten sempre o mesmo valor, senon que ten oscilacións, sendo un factor dos máis importantes para as previsións das condicións meteorolóxicas.
Para medila, utilízase un instrumento chamado barómetro, que ten unha escala graduada en milímetros de mercurio (mm Hg) ou en milibares (mb). O valor normal a nivel do mar é de 760 mm Hg ou 1 atmosfera (1 atm). Dito valor coincide coa posición vertical da agulla do barómetro, é dicir , có tempo variable. Valores maiores de 760 mm Hg indican tempo seco e anticiclónico, mentres que os valores inferiores a 760 mm Hg indican tempo de chuvia e borrasca, e mesmo temporal cando son moi baixos.
Na fotografía, podemos observar a indicación dun barómetro na cidade da Coruña o domingo 1 de febreiro de 2009 ás 9.00 h da mañá.

Carlos profesor de Ciencias da Natureza

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu penso que é moi interesante que poñan esta entrada para os rapazes que damos proxecto indisciplinar onde vemos moito o do tempo atmosférico.