miércoles, 12 de noviembre de 2008

Estamos en clase

Agora estamos na clase de Reforzo educativo de 2º B. Estamos lendo un artigo de "La Voz de Galicia", do mércores pasado. O título é "Es tiempo de castañas"e imos tratar de decir o que mais nos chamou a atención.

Sebastián: Ata fai pouco pensábase que o castiñeiro fora introducido polos romanos pero podería ser anterior xa que se atopáron restos de fósiles de graos de polen.

A José gustoulle saber que o froito desta árbore consumiases como se fose pataca. Coa chegada desta dende Ámérica empezouse a abandoar o seu consumo.

Antonio di que sobre o 1750 a enfermidade da tinta causou destrozos nos castiñeiros. Podería ser que este fungo procedera dos intercambios comerciais con Oriente.

Natalia: Durante moito tempo a castaña foi fundamental na alimentación dos galegos".

Laura: Hai topónimos de barrios de cidades referidos a esta árbore que teñen a súa orixe na presenza delas nalgún momento da súa historia.

Sebas: O magosto é a festa que exalta ó consumo da castaña.

Jose: As castañas que non apañemos servirán de alimento a corzos e xabaríns.

No hay comentarios: