viernes, 14 de noviembre de 2008

A MIRADA DO ALCALDE

CON OUTRA MIRADA….., dende Abegondo

En primeiro lugar, e aproveitando que “o Mero pasa por Vilacoba”, quixera decir, recoñecer e manifestar públicamente o esforzo e entusiasmo que, dende a comunidade que integra o IES de Viós, se está a facer neste proxecto que se está a desenvolver coa Axenda 21 Escolar.

Debemos ser conscientes en que nos tempos en que nos está tocando vivir, somos auténticos privilexiados, activos participantes dunha nova revolución; dentro dun proceso de cambio mais que a sociedade, o ser humano, está a desenvolver coa implantación universal das novas tecnoloxías que apareceron no último tramo do século XX. O mundo da comunicación entre as persoas e o intercambio de ideas e coñecementos en tempo real, dende calquer parte do mundo, troca dun xeito absoluto a concepción do tempo, tal como era visto, interpretado e vivido ainda non hai moito tempo polos nosos pais e avós.


Entendo que as múltiples vantaxes que o mundo da comunicación ofrece hoxe en día, non debe de caer en saco roto para todas aquelas persoas que queiran satisfacer a curiosidade, e por suposto ampliar o coñecemento; elemento esencial, ó meu entender, para que calquer individuo poida ser e sentirse mais libre, na toma das súas propias decisiós ó longo da súa vida.


E foi sempre unha constante no ser humano, que esté adoptando decisiós permanentemente; dende varios ámbitos (persoais, familiares, de traballo, de ocio, etc, etc….), e tanto a nivel individual como a nivel colectivo ou de grupo. Según se vai organizando en escalas, xerarquías e ámbitos de actuación, o nivel de toma de decisiós vai adoptando niveis mais complexos e dificultosos de cara a acertar ou a dar co xeito mais favorable para os propios integrantes da comunidade. Entendo que neste complexo proceso, de dar cobertura ás múltiples necesidades do ser humano, na adopción de decisiós acertadas e axeitadas; é sumamente importante a participación dos propios integrantes da comunidade en cuestión.


E claro que neste momento, en moitos destos procesos, a participación cidadá, é un ingrediente imprescindible, non só para saber que é o que quere o individuo ou a colectividade, senón que tamén serve para saber o que non se quere, e o que se pode solventar ou mellorar.


Non é doado palpar claramente unha alta participación cidadá en calquer foro ou ámbito para a toma de decisiós; porque entre outras cousas debe de ser voluntario, e dalgún xeito segue a verse como algo abstracto, non demasiado concreto nin palpable, o que fai que este novo proceso (alo menos entendo que en Abegondo en boa medida o é), sexa mais lento do que ó mellor eu, particularmente desexaría ou recomendaría.


Neste proceso no que o IES de Viós está a desenvolver no proxecto da Axenda 21 Escolar, estase a traballar no concepto de “sostibilidade”. Para non facer moi longa esta intervención prefiro deixalo para outra ocasión. Somentes facer un pequeño xogo de palabras co fin de centrar grandes conceptos, aplicados á forma que queiramos ter nos mesmos nas nosas vidas (tanto como de individuo como integrantes da sociedade). Para conquerir a “sostibilidade” debe de aplicarse, entre outras cousas, o sentido común, para que todo aquelo que nos rodea e percibamos sexa “sostible”, porque do contrario sería “insostible”, circunstancia esta última negativa e nada recomendable para ninguén.


Un saúdo.


Juan J. Rocha Carro

Alcalde de Abegondo

No hay comentarios: