martes, 19 de febrero de 2008

Visita a planta de Nostián

Jaime García García (Alumno de 1º B)


A planta de reciclaxe de Nostián, antes de ser construída, tivo que plantexarse onde se ía a facer. Non foi fácil. A decisión final da súa construción debeuse a que o antiguo vertedoiro derrumbouse levando a vasura ata o mar e contaminando todo o medio natural da zona de Bens. Agora o que antes era vasura é un parque moi fermoso da Coruña.
O proceso da reciclaxe dos R.S.U. en Nostián, comenza no momento que os camións traen a vasura da cidade da Coruña e concellos limítrofes. ( sobre 5 toneladas diarias); logo cunha especie de grúa con mando a distancia ( o pulpo) recóllesen , vanse triturando e quitaselle o material inorgánico.
Os residuos inorgánicos son clasificados segundo os seus compoñentes: plásticos, vidros, metais, ..... e son preparados para vendelos ás industrias que lle darán " unha nova vida".
Os residuos orgánicos pasan ós biodixestores que son uns tanques onde non hai aire. Ahí dentro , fermentan durante un mes formandose biogás. O biogás recóllese en un almacén e quéimase para obter a enerxía eléctrica que necesita a planta de Nostián e, incluso, para vendela.
Unha vez retirado o biogás, os residuos orgánicos pasan á planta de fermentación aerobia e déixase un tempo ata que se forma o compost. Aquí remata o proceso.
O compost é un perfecto abono que non cheira nin mancha e que é "moi querido polas plantas".
Despois de ver todo o proceso, quedounos claro o importante que é: separar ben os residuos para poder facer ben a reciclaxe; reducir o consumo para disminuir a cantidade de vasura; e reutilizar todo o que sexa posible. Así, faremos a nosa pequena aportación para ter un medio ambiente máis limpo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cheiraba moi mal, pero pasámolo moi ben je,je.Pola miña parte quereria volver ,pero que polo menosnon haia tantas gaivotas porque...

Anónimo dijo...

Creo que en Nostían regalan el compost a todas las personas que lo quieran, pero dicen que no es de muy buena calidad.