domingo, 8 de junio de 2008

Alimentación e Medio Ambiente



A alimentación é un dereito humano básico. Todas as persoas deben ter acceso a alimentos sanos, nutritivos e culturalmente apropiados, en cantidade e calidade suficientes para levar unha vida sana.
A información sobre productos alimentarios é de vital importancia. Os alimentos son productos atados intimamente co Medio Ambiente.

A agricultura e a gandería son actividades que repercuten directamente no entorno, polo que os modelos de producción agrícola e gandeira deben respetar á Natureza para acadar unha alimentación sostible.
Gran cantidade de productos alimenticios que mercamos diariamente, precisan moita enerxía ben para a súa producción, ben para o seu transporte.

Debemos optar por unha alimentación sostible, unha acción ambiental ao alcance de todos:

  • Priorizando a compra de alimentos cultivados o máis perto posible ( aforro en transporte)
  • Escollendo froitas e verduras do tempo ( menos custes enerxéticos )
  • Buscando productos ecolóxicos ( sen praguicidas nin fertilizantes e polo tanto respetuosos co entorno )
  • Comendo máis verduras, froitas e cereais ( mellor para a túa saúde )

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tóda a xente, precisa a alimentacion sana como di este artigo.
Pero ainda hai paises que non poden ter unha alimentacion normal,ainda que hai xente que axuda nas ONGs, pero esta axuda non e moi extensa así que nos: Laura Caneiro e Patricia Loureda, de 1ºA de Eso pedimos que a xente de unha pequeniña axuda.
Non chega que so 1 grupo de persoas axuden, senon tóda a humandadee, pouquiño a pouco, con unha miga depan cada un, e así non aia ese dito "terceiro mundo"
un abrazo agarimoso(Aos que colaboran ou non jeje...)

Anónimo dijo...

O medio ambiente deberia ser respetado por todos nos, non so por uns poucos debemos aforrar porque senon destruiremos o que nos rodea.