lunes, 31 de marzo de 2008

Campaña de sensibilización sobre Cambio Climático

A "Fundación Biodiversidad" do Ministerio de Medio Ambiente, constituída no 1998 co obxecto de axudar a preservar a importante riqueza biolóxica existente en España, lanzou a iniciativa "Consigue tu carné de Kioto".

Esta fundación centrada en protexer a Natureza, fomentar a sensibilidade ambiental, a formación e a investigación e a cooperación internacional nestes asuntos pide un compromiso real de todos para frear o quencemento global da Terra. Ter o carné do Clube Kioto e unha maneira de dicir "eu preocúpome polo futuro do noso planeta".

Consigue o teu carné entrando na web http://www.fundacion-biodiversidad.es atoparás un enlace que leva ao microsite do Clube do Protocolo Kioto. Neste microsite tes un sinxelo cuestionario onde cubrirás datos básicos así como o teu compromiso co coidado da Terra. Os teus consellos e ideas poderán ser vistos polos que accedan a esta web.

No hay comentarios: